venres, 1 de decembro de 2023

MOTIVACIÓN DO PDI "FIANDEIRAS"

A motivación do PDI deste ano naceu a través dunha xornada na biblioteca enmarcada no proxecto “Fiandeiras”, na que xurdiron propostas como a caixa de “Coida ao bebé”. Este xogo que chegou á biblioteca consistía nun bebé cunhas tarxetas nas que se nos indicaba a través de imaxes de diferentes herbas, as doenzas que ditas herbas curaban. Os nenos e nenas, a través do xogo simbólico, foron recoñecendo as herbas que precisaban en cada momento para curar as enfermidades e achegándose a elas.





O que pretendemos con esta motivación foi coñecer como as herbas da nosa contorna teñen certas propiedades e traballar en torno a elas para que os nenos e nenas lles viran a utilidade.

Preparamos tamén dous obradoiros artísticos con herbas para o alumnado.
Un deles consistiu en utilizar a técnica de estarcido cunha plantilla feita con herbas prensadas previamente. O outro consistiu en utilizar selos de estampación con herbas coñecidas como o fento ou a ruda.









Por último, experimentamos, fixemos apócemas, con herbas, auga e elementos que nos permitían as mesturas.






Precisamos investigar tamén un pouco máis nalgún libro de texto expositivo sobre elas. Onde atopalas, como plantalas, se temos algunha, coidados, etc.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

25N: Ler, Pensar e Crear contra a Violencia Machista

Este 25N, Día contra a Violencia Machista, as nosas aulas enchéronse de contos, cores e reflexións adaptadas aos máis pequenos. Preparamos u...