luns, 26 de febreiro de 2024
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. Como cada ano, no CRA A Picaraña, celebrámolo.
Desta vez as familias e as crianzas, na honra da escritora, están liberando nos montes, prados, patios… algúns versos da súa magnífica obra que falan de plantas ou flores e que coñecemos ou coñeceremos no PDI “Fiandeiras”.
Estes versos van en vasiños compostables con sementes de flores e plantas autóctonas que o alumnado plantou.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
A Bibliopicaraña recomenda: historias para mirar, sentir e descubrir
Na Biblioteca do CRA A Picaraña seguimos enchendo as nosas mochilas de historias que nos emocionan, nos fan pensar e nos acompañan no día a ...
-
Esta semana, algo moi especial saíu da nosa biblioteca: unhas caixas cheas de libros viaxaron polas aulas, levándose con elas un anaco de c...
-
MOTIVACIÓN Un paporrubio entrou nunha das escolas, collémolo, observamos as súas características e soltámolo no exterior. Buscamos, posterio...
-
Con motivo da conmemoración do Día da Saúde Mental , o pasado martes 14 de outubro realizouse un obradoiro moi especial na nosa biblioteca. ...








