Esta secuencia de aprendizaxe nace do interese do alumnado polo xabaril ou porco bravo logo da visualización de libros dos ecosistemas en Galicia durante o outono para analizar as follas do outono. Este animal espertáballes curiosidade e mesmo dúbidas, por iso era necesario afondar máis e propiciar a investigación e diferentes recursos para compartila, dende os que foron elaborados dende as casas polas familias, ata a presentación verbal aos compañeiros e compañeiras primeiro, á compilación de datos contrastados por diversas fontes, para finalmente, gravar o podcast co aprendido.
Partimos da documentación na biblioteca en Ganade, recollendo dos libros todos os datos interesantes para a investigación:
Como a información non era suficiente, que pedimos ás familias que nos axudasen buscando máis información en internet ou en outros libros que tivesen de man, sempre información documentada e contrastada. O alumnado explicou a información recabada nas súas casas ao resto de compañeiros e compañeiras.
Os datos máis interesantes os iamos recollendo nun panel:
Por último, o alumnado foi sendo gravado cando ían respondendo a preguntas e contando o que sabían do xabaril, montando esta gravación en formato podcast:
https://audio.com/sara-parada/audio/xabali-parada-1