domingo, 8 de xuño de 2025
DÍA DA PAZ
Cada neno e nena sentou, por quendas, nunha cadeira fronte a outra baleira. Os demais nenos e nenas e docentes, foron convidados a sentar fronte a eles, compartindo un momento de conexión sen palabras, só a través da mirada e da presenza consciente.
luns, 2 de xuño de 2025
INVESTIGACIÓN SOBRE OS INSECTOS POLINIZADORES
Logo de observar no patio e na horta a presenza destes insectos, fíxose necesario observar o proceso de polinización e máis distinguir cales os estes bechos que colonizan as nosas plantas para polinizalas e diferencialos das plagas.
INVESTIGACIÓN SOBRE O XABARIL
Esta secuencia de aprendizaxe nace do interese do alumnado polo xabaril ou porco bravo logo da visualización de libros dos ecosistemas en Galicia durante o outono para analizar as follas do outono. Este animal espertáballes curiosidade e mesmo dúbidas, por iso era necesario afondar máis e propiciar a investigación e diferentes recursos para compartila, dende os que foron elaborados dende as casas polas familias, ata a presentación verbal aos compañeiros e compañeiras primeiro, á compilación de datos contrastados por diversas fontes, para finalmente, gravar o podcast co aprendido.
Partimos da documentación na biblioteca en Ganade, recollendo dos libros todos os datos interesantes para a investigación:
Como a información non era suficiente, que pedimos ás familias que nos axudasen buscando máis información en internet ou en outros libros que tivesen de man, sempre información documentada e contrastada. O alumnado explicou a información recabada nas súas casas ao resto de compañeiros e compañeiras.
Os datos máis interesantes os iamos recollendo nun panel:
Por último, o alumnado foi sendo gravado cando ían respondendo a preguntas e contando o que sabían do xabaril, montando esta gravación en formato podcast:
https://audio.com/sara-parada/audio/xabali-parada-1
domingo, 1 de xuño de 2025
PEQUENA INVESTIGACIÓN SOBRE O PAPORRUBIO
INVESTIGACIÓN E EXPERIMENTACIÓN
Utilizamos a biblioteca de Ganade para buscar todos os recursos bibliográficos informativos que tiveran paxaros. O gomet verde, indicounos onde poderían estar.
Posteriormente, buscamos índices, elemento xa aprendido con anterioridade e buscamos por imaxe e características, tamén se poñía explícitamente a palabra paporrubio ou petirrojo. Fomos concretando de xeito individual aquilo que máis nos interesaba e comezamos as nosas pesquisas.
Completamos a información dos libros preguntando a compañeiros doutras aulas e familias, ademais da experimentación e ese "facer" tan esencial que fomos levando a cabo no proceso.
Con toda a información e experimentación que vivimos chegamos a solucionar cuestións ata elaborar o noso produto final.

PRODUTO FINAL
A Bibliopicaraña recomenda: historias para mirar, sentir e descubrir
Na Biblioteca do CRA A Picaraña seguimos enchendo as nosas mochilas de historias que nos emocionan, nos fan pensar e nos acompañan no día a ...
-
Esta semana, algo moi especial saíu da nosa biblioteca: unhas caixas cheas de libros viaxaron polas aulas, levándose con elas un anaco de c...
-
MOTIVACIÓN Un paporrubio entrou nunha das escolas, collémolo, observamos as súas características e soltámolo no exterior. Buscamos, posterio...
-
Con motivo da conmemoración do Día da Saúde Mental , o pasado martes 14 de outubro realizouse un obradoiro moi especial na nosa biblioteca. ...







.jpeg)

.jpeg)