domingo, 27 de novembro de 2022

O 25N DENDE A NOSA BIBLIOTECA

Para a conmemoración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende a biblioteca do CRA A Picaraña fixemos unha escolma de obras entre as que se atopan:

"La princesa no". Martín Badía. Editorial Lumen.

"Blancanieves y los 77 enanitos". Davide Cali e Raphaëlle Barbanègre. Editorial Anaya.

"Érase dos veces La ratita presumida". Pablo Macías, Belén Gaudes e Nacho de Marcos Escriña. Editorial Cuatro Tuercas.

"Érase dos veces Blancanieves". Pablo Macías, Belén Gaudes e Nacho de Marcos Escriña. Editorial Cuatro Tuercas.

"Érase dos veces Cenicienta". Pablo Macías, Belén Gaudes e Nacho de Marcos Escriña. Editorial Cuatro Tuercas.

"Érase dos veces Cenicienta". Pablo Macías, Belén Gaudes e Nacho de Marcos Escriña. Editorial Cuatro Tuercas.

"La Sirenita. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Cenicienta. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Blancanieves. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Os homes e as mulleres". Equipo Pantel e Luci Gutiérrez. Editorial Catro ventos.

"Nin un biquiño a forza". Marion Mebes e Lydia Sandrock. Editorial: Xunta de Galicia.

"Rosa Caramelo". Adela Turín e Nela Bosnia. Editorial Kalandraka.

"Artur e Clementina". Adela Turín e Nela Bosnia. Editorial Kalandraka.

"Maruxa". Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. Editorial OQO.





mércores, 16 de novembro de 2022

MAGOSTO NA BIBLIO

As convivencias na BIBLIO, un espazo para compartir que nos ensina a experimentar, coñecer e crear.



Se nas xornadas de bibliotecas escolares @bescolares #bescolaresgal recordamos e remarcamos como a escrita xa é escrita dende a etapa primitiva, e que esta pode nacer do álbum ilustrado,por iso contamos coa biblioteca como espazo precursor da escrita e de vivenzas que desenvolven pequenas/os en todos os ámbitos, por tanto, parécenos importante incluila tamén na festa tradicional do MAGOSTO.



Magosto con tradición, xogos, música e familias que colaboran. Coa natureza sempre presente nas propostas, sendo así fieis á contorna da biblio. Nós creamos e inventamos tamén co motivo do magosto.



Para isto puxemos en marcha diversos obradoiros, como o de contacontos, xogos populares, creación artística con elementos naturais, disfraces, construcións con teas, creación de bechos, ou creación de escenarios con pezas soltas. Tamén houbo tempo para a degustación de castañas e pintalas caras coa cinza.



 














RECOMENDACIÓN LITERARIA: O COELLIÑO BRANCO

Traémosvos de novo por aquí un podcast para facervos unha recomendación literaria. Nesta ocasión trátase de "O coelliño branco". O...