luns, 22 de maio de 2023

ALBORADA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas desfrutamos dunha xornada moi especial na que o alumando das diferentes aulas do CRA se xuntou na Casa Cultural de Arcos, en Ponteareas, onde festexamos unha alborada polas letras galegas. 

Tivemos a oportunidade de participar en diferentes obradoiros:
Obradoiro de cociña: no que cociñamos unha torta de millo.
Obradoiro de música e baile tradicional galego.
Obradoiro de realización de alfombras florais. Realizamos unha alfombra do co deseño que imos a realizar no Corpus en Ponteareas. Xa nas semanas anteriores,  pequenas/os e familias empezaron a recoller elementos naturais, a clasificalos e a desfollar flores. Tentamos con este obradoiro que este sentir e facer vaia cobrando cada vez máis sentido, ademais de aproveitar para traballar a tradición da nosa zona.
Obradoiro de xogos tradicionais,  no que o alumnado correu, fixo equipo e tivo a oportunidade de crear lazos de amizade co alumnado das outras aulas.
Contada teatralizada da “Galiña azul” de Carlos Casares en honra a Editorial Galaxia e Francisco Fernández Del Riego.
Andaina á Pedra do equilibrio, no parque forestal A Picaraña, que da nome ao noso cole. Unha andaina preciosa chea de vexetación autóctona e que nos fixo conectar coa natureza, o canto dos paxaros, os carballos, os castiñeiros e esas penas tan impresionantes que nos deixaron abraiadas/os. Algúns pequenos/as decidiron representar con pedras máis pequenas o que acababan de ver. 



















luns, 1 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Unha das propostas da Semana do libro foi descubrir libros sorpresa. Estes chegaron ás aulas envoltos nun papel que contiña mensaxes que nos facían adiviñar de que trataba o libro. Unha vez leidas as mensaxes precisabamos saber máis e sentir o que había dentro. Abrimos o envoltorio, leemos e exploramos as novidades.

Aproveitamos este momento para facer chegar ás aulas libros informativos, cómic, poesía, arte e libros xogo. Que o libro nos invitara a descubrir novas formas de mirar o mundo e de mirarnos a nós mesmas/os.







Outra das propostas foi a de Familias que contan, facendo desta semana unha experiencia familiar marabillosa. As familias do noso CRA achegáronse ás diferentes aulas a contarnos contos, porque elas contan, pasan tempo con nós, ofrécennos unha contada, ilustracións e TEMPO. 










RECOMENDACIÓN LITERARIA: O COELLIÑO BRANCO

Traémosvos de novo por aquí un podcast para facervos unha recomendación literaria. Nesta ocasión trátase de "O coelliño branco". O...