luns, 22 de maio de 2023

ALBORADA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas desfrutamos dunha xornada moi especial na que o alumando das diferentes aulas do CRA se xuntou na Casa Cultural de Arcos, en Ponteareas, onde festexamos unha alborada polas letras galegas. 

Tivemos a oportunidade de participar en diferentes obradoiros:
Obradoiro de cociña: no que cociñamos unha torta de millo.
Obradoiro de música e baile tradicional galego.
Obradoiro de realización de alfombras florais. Realizamos unha alfombra do co deseño que imos a realizar no Corpus en Ponteareas. Xa nas semanas anteriores,  pequenas/os e familias empezaron a recoller elementos naturais, a clasificalos e a desfollar flores. Tentamos con este obradoiro que este sentir e facer vaia cobrando cada vez máis sentido, ademais de aproveitar para traballar a tradición da nosa zona.
Obradoiro de xogos tradicionais,  no que o alumnado correu, fixo equipo e tivo a oportunidade de crear lazos de amizade co alumnado das outras aulas.
Contada teatralizada da “Galiña azul” de Carlos Casares en honra a Editorial Galaxia e Francisco Fernández Del Riego.
Andaina á Pedra do equilibrio, no parque forestal A Picaraña, que da nome ao noso cole. Unha andaina preciosa chea de vexetación autóctona e que nos fixo conectar coa natureza, o canto dos paxaros, os carballos, os castiñeiros e esas penas tan impresionantes que nos deixaron abraiadas/os. Algúns pequenos/as decidiron representar con pedras máis pequenas o que acababan de ver. 



















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Desenvolvemento do PDI

Durante a fase de desenvolvemento do PDI desenvolvemos diferentes propostas e actividades que nos permiten coñecer os diferentes usos e prop...