Unha xornada na que todo o cole compartiu tempo entre NATUREZA, TRADICIÓN e FAMILIAS.
En primeiro lugar, TEATRO, partindo do conto e cantiga tradicional DONA CARME, onde os mestres/as interpretamos a Carme e animais protagonistas. Este libro cobra especial importancia xa que será o noso fío conductor do produto final do PDI deste ano.
Tivemos a sorte de contar con alfombristas profesionais do Corpus de Ponteareas que nos ofreceu o concello @ponteareas_gal . Ensináronnos como elaborar mostras de alfombras do Corpus con forma de instrumentos musicais.
O obradoiro de baile tradicional e instrumentos foi imprescindible, asi como a achega ao alumnado, ao cancioneiro popular.
Quixemos agasallar tamén ás familias cun petisco de queixo, tomatiño, marmelo e arando, que preparamos con moito agarimo.
E como a xuntanza foi en Arcos, na súa casa cultural, á cal lle estamos agradecidísimas por deixarnos as súas instalacións, subimos pola Picaraña gozando dese monte autóctono ata a pedra do equilibrio.
Para rematar, XOGO E FAMILIAS, cunha foliada improviasada á cal estiveron invitadas. Moitas grazas por formar parte, por ser e por estar.
Que vivan as letras 💙 nestes días, e cada día do ano.
Ás nosas mulleres cantareiras, coñecémelos nas aulas, aproveitando recursos da biblioteca e do EDLG, escoitámolas e, por suposto, respectamos moitísimo todo ise legado que tentamos seguir mantendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario