martes, 25 de novembro de 2025

25N: Ler, Pensar e Crear contra a Violencia Machista

Este 25N, Día contra a Violencia Machista, as nosas aulas enchéronse de contos, cores e reflexións adaptadas aos máis pequenos. Preparamos unha escolma de libros pensados para iniciar ao alumnado na idea do respecto, da igualdade e dos bos tratos, empregando historias próximas e accesibles. Entre eles traballamos versións adaptadas de contos clásicos, como A Bella e a Besta, que nos axudan a falar do valor de coidar e coidarnos.

A partir da lectura, as nenas e nenos observaron o papel das personaxes femininas e falaron sobre como se senten, que necesitan e que podemos facer para tratar sempre ás demais persoas con cariño e respecto. 

Tamén decoramos a biblioteca lembrando que todas as persoas teñen dereito a sentirse seguras e queridas. Foi unha xornada chea de aprendizaxes que sementan igualdade desde ben pequenos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

25N: Ler, Pensar e Crear contra a Violencia Machista

Este 25N, Día contra a Violencia Machista, as nosas aulas enchéronse de contos, cores e reflexións adaptadas aos máis pequenos. Preparamos u...