mércores, 16 de novembro de 2022

MAGOSTO NA BIBLIO

As convivencias na BIBLIO, un espazo para compartir que nos ensina a experimentar, coñecer e crear.



Se nas xornadas de bibliotecas escolares @bescolares #bescolaresgal recordamos e remarcamos como a escrita xa é escrita dende a etapa primitiva, e que esta pode nacer do álbum ilustrado,por iso contamos coa biblioteca como espazo precursor da escrita e de vivenzas que desenvolven pequenas/os en todos os ámbitos, por tanto, parécenos importante incluila tamén na festa tradicional do MAGOSTO.



Magosto con tradición, xogos, música e familias que colaboran. Coa natureza sempre presente nas propostas, sendo así fieis á contorna da biblio. Nós creamos e inventamos tamén co motivo do magosto.



Para isto puxemos en marcha diversos obradoiros, como o de contacontos, xogos populares, creación artística con elementos naturais, disfraces, construcións con teas, creación de bechos, ou creación de escenarios con pezas soltas. Tamén houbo tempo para a degustación de castañas e pintalas caras coa cinza.



 














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Desenvolvemento do PDI

Durante a fase de desenvolvemento do PDI desenvolvemos diferentes propostas e actividades que nos permiten coñecer os diferentes usos e prop...