Unha das actividades que realizamos para conmemorar a Semana do libro foi a visita de Dores Pereira e Paula Lago para presentar o seu libro "As herbas da noite".
O primeiro que fixeron foi expoñernos algunhas das herbas que aparecen no seu libro e xogamos a adiviñar cal era a planta que amosaban. Como as estamos a traballar no PDI Fiandeiras, moitas das plantas eran coñecidas para o alumnado e incluso sabían as súas propiedades.
Dores explicounos porque escribiu o libro, cada ano saía coa súa filla a observar e recoller herbas, dun ano para outro, sendo difícil para ela recordar os nomes, polo que decidiu deixar conta das herbas no libro, recompilando por escrito o seu nome.
Logo pasamos á parte de ilustración. O alumnado foi mesturando as cores primarias para obter novas cores e elixindo cal quería para realizar a súa produción. Tras ter cada un o seu bote de cristal coa cor, Paula Lago mostrounos como realizar unha ilustración coa técnica do chorreo e os nenos e nenas observaron, para deseguido, facer a súa propia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario