luns, 27 de marzo de 2023

XORNADA DE CONVIVENCIA NA BIBLIOTECA

En marzo vivimos unha xornada moi especial na biblioteca, na que tódalas as aulas do CRA nos xuntamos para celebrar a chegada da primavera. Nesta xornada o alumnado puido desfrutar dunha contada a cargo de Inma Soto, que nos nos presentou o seu conto “Xela, a superheroína de aldea”, ademais de participar en diferentes obradoiros como forón:

Bodegón de pampullos: no que o alumnado plasmaba en papel aquilo que lle inspiraban os pampullos que estaban a observar.

Arreglos florais con flores da contorna: onde cada neno/a deseñou o seu propio ramiño e o levou para casa.

Obradoiro de poesía: no que tras a lectura de poemas, traballamos a metáfora visual a través da observación de imaxes, creando a metáfora que nos suxería o elemento mostrado. Tras o obradoiro, creamos un libriño en forma de pétalos de madeira que forma parte da biblio, no que se recollen tódalas poesías creadas.

Obradoiro de eco-horta, no que se realizaban varias actividades:
    - Bombas de sementes: con arxila, sustrato, auga e variedade de sementes para atraer polinizadores as nosas hortas.

    - Xogo sensorial: que consistiu en adiviñar que elemento (canela, cascas de ovo, cinza, loureiro...) espanta as pragas dos nosos cultivos (caracol, mosca branca, pulgóns....).

    - Tratamento de pragas e ecoarte: elaboramos un emplasto para tratar as enfermidades de arbóres frutais empregando cores naturais (pementón, café, cúrcuma...), barro e maceración de canela.

    - Tratamento praguicida: o alumnado preparou a maceración de follas de eucalipto.

Obradoiro de realización de sementeiros, a Asociación Avelaíña de Ponteareas adicada a potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental, veu a visitarnos na nosa xornada de biblio e a explicarnos o cultivo das cabazas. Trouxeron sementes que tiñan gardadas do Samaín e que utilizamos para plantar xuntas/os.



























Ningún comentario:

Publicar un comentario

Desenvolvemento do PDI

Durante a fase de desenvolvemento do PDI desenvolvemos diferentes propostas e actividades que nos permiten coñecer os diferentes usos e prop...