Este Curso, para conmemorar a data do 8M, desenvolvemos nas diferentes aulas diferentes actividades. Durante este tempo, coñecemos á artista Cindy Sherman artista e investigadora da construción da identidade a través do autorretrato.
A artista nas súas fotografías remarca a artificialidade e ambigüidade dos estereotipos de xénero facendo uso de máscaras, pelucas, disfraces... utilizándose a si mesma como vehículo para representar unha gran variedade de temas do mundo contemporáneo, como o papel da muller.
Na súa serie “Retratos históricos”, Sherman personifica protagonistas masculinos de pinturas clásicas da historia da arte, chamando a atención sobre o papel subordinado da muller nas mesmas.
O obxectivo desta actividade foi que as nenas e nenos analizasen e debatiran sobre o rol que teñen homes e mulleres nas obras clásicas, para posteriormente deconstruír estes papeis facendo unha reintrepetación de ditas obras. Á par, o alumnado foi coñecendo a unha artista contemporánea e a un referente artístico feminino.
ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:
• Presentar á artista ao alumnado: breve biografía e obras.
• Tendo en conta os retratos históricos que a artista realiza partindo de obras de arte clásicas, no que se pode denominar “apropiación da historia da arte”, presentar ao alumnado diferentes obras clásicas nas que as personaxes femininas e masculinas teñen un rol de xénero marcado e visible.
• Analizar o papel das diferentes persoas que aparecen nas pinturas clásicas: Que fan, porque o fan as personaxes, cal é o papel que xogan as mulleres e os homes, como son, que características teñen...
• Elixir varias obras e representalas mudando os roles, para realizar unha reinterpretación das obras.
Deixámosvos o resultado dalgunhas delas.