Biblio Picaraña
domingo, 8 de xuño de 2025
DÍA DA PAZ
Cada neno e nena sentou, por quendas, nunha cadeira fronte a outra baleira. Os demais nenos e nenas e docentes, foron convidados a sentar fronte a eles, compartindo un momento de conexión sen palabras, só a través da mirada e da presenza consciente.
luns, 2 de xuño de 2025
INVESTIGACIÓN SOBRE OS INSECTOS POLINIZADORES
Logo de observar no patio e na horta a presenza destes insectos, fíxose necesario observar o proceso de polinización e máis distinguir cales os estes bechos que colonizan as nosas plantas para polinizalas e diferencialos das plagas.
INVESTIGACIÓN SOBRE O XABARIL
Esta secuencia de aprendizaxe nace do interese do alumnado polo xabaril ou porco bravo logo da visualización de libros dos ecosistemas en Galicia durante o outono para analizar as follas do outono. Este animal espertáballes curiosidade e mesmo dúbidas, por iso era necesario afondar máis e propiciar a investigación e diferentes recursos para compartila, dende os que foron elaborados dende as casas polas familias, ata a presentación verbal aos compañeiros e compañeiras primeiro, á compilación de datos contrastados por diversas fontes, para finalmente, gravar o podcast co aprendido.
Partimos da documentación na biblioteca en Ganade, recollendo dos libros todos os datos interesantes para a investigación:
Como a información non era suficiente, que pedimos ás familias que nos axudasen buscando máis información en internet ou en outros libros que tivesen de man, sempre información documentada e contrastada. O alumnado explicou a información recabada nas súas casas ao resto de compañeiros e compañeiras.
Os datos máis interesantes os iamos recollendo nun panel:
Por último, o alumnado foi sendo gravado cando ían respondendo a preguntas e contando o que sabían do xabaril, montando esta gravación en formato podcast:
https://audio.com/sara-parada/audio/xabali-parada-1
domingo, 1 de xuño de 2025
PEQUENA INVESTIGACIÓN SOBRE O PAPORRUBIO
INVESTIGACIÓN E EXPERIMENTACIÓN
Utilizamos a biblioteca de Ganade para buscar todos os recursos bibliográficos informativos que tiveran paxaros. O gomet verde, indicounos onde poderían estar.
Posteriormente, buscamos índices, elemento xa aprendido con anterioridade e buscamos por imaxe e características, tamén se poñía explícitamente a palabra paporrubio ou petirrojo. Fomos concretando de xeito individual aquilo que máis nos interesaba e comezamos as nosas pesquisas.
Completamos a información dos libros preguntando a compañeiros doutras aulas e familias, ademais da experimentación e ese "facer" tan esencial que fomos levando a cabo no proceso.
Con toda a información e experimentación que vivimos chegamos a solucionar cuestións ata elaborar o noso produto final.

PRODUTO FINAL
venres, 23 de maio de 2025
ALBORADA POLAS LETRAS GALEGAS
Unha xornada na que todo o cole compartiu tempo entre NATUREZA, TRADICIÓN e FAMILIAS.
En primeiro lugar, TEATRO, partindo do conto e cantiga tradicional DONA CARME, onde os mestres/as interpretamos a Carme e animais protagonistas. Este libro cobra especial importancia xa que será o noso fío conductor do produto final do PDI deste ano.
Tivemos a sorte de contar con alfombristas profesionais do Corpus de Ponteareas que nos ofreceu o concello @ponteareas_gal . Ensináronnos como elaborar mostras de alfombras do Corpus con forma de instrumentos musicais.
O obradoiro de baile tradicional e instrumentos foi imprescindible, asi como a achega ao alumnado, ao cancioneiro popular.
Quixemos agasallar tamén ás familias cun petisco de queixo, tomatiño, marmelo e arando, que preparamos con moito agarimo.
E como a xuntanza foi en Arcos, na súa casa cultural, á cal lle estamos agradecidísimas por deixarnos as súas instalacións, subimos pola Picaraña gozando dese monte autóctono ata a pedra do equilibrio.
Para rematar, XOGO E FAMILIAS, cunha foliada improviasada á cal estiveron invitadas. Moitas grazas por formar parte, por ser e por estar.
Que vivan as letras 💙 nestes días, e cada día do ano.
Ás nosas mulleres cantareiras, coñecémelos nas aulas, aproveitando recursos da biblioteca e do EDLG, escoitámolas e, por suposto, respectamos moitísimo todo ise legado que tentamos seguir mantendo.
venres, 20 de decembro de 2024
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Este Nadal dende o Equipo da Biblioteca do CRA A Picarña recomendamos unha escolma de libros para agasallar. Aquí quedan estas ideas para Apaldpadoras, Pandigueiros, Papá Noeis, Reis Magos e demais seres que puidesen ter interese neles.
Aproveitamos a ocasión para desexarvos de parte de todo o equipo docente unhas felices festas e un bo Nadal.
Vémonos á volta!
-
Unha xornada na que todo o cole compartiu tempo entre NATUREZA, TRADICIÓN e FAMILIAS. En primeiro lugar, TEATRO, partindo do conto e cantiga...
-
MOTIVACIÓN Un paporrubio entrou nunha das escolas, collémolo, observamos as súas características e soltámolo no exterior. Buscamos, posterio...
-
Logo de observar no patio e na horta a presenza destes insectos, fíxose necesario observar o proceso de polinización e máis distinguir cale...