martes, 19 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Como tódolos anos dende o Equipo de Biblioteca queremos achegarvos unhas recomendacións de libros, xogos e materiais para o tempo de Nadal.
Agardamos vos sexan de axuda. Felices festas!



luns, 4 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Este curso, dende a biblioteca, partiu a idea de recomendarnos os nosos contos favoritos. Así, cada grupo de nenos e nenas, tras chegar a un acordo e escoller o seu conto preferido entre os lidos no curso, elaboran un podcast literario no que recomendan ao alumnado das outras aulas a obra escollida.

Velaquí a primeira recomendación: O gato lambón.  

Agardamos que quededes con ganas de ler o conto!



venres, 1 de decembro de 2023

MOTIVACIÓN DO PDI "FIANDEIRAS"

A motivación do PDI deste ano naceu a través dunha xornada na biblioteca enmarcada no proxecto “Fiandeiras”, na que xurdiron propostas como a caixa de “Coida ao bebé”. Este xogo que chegou á biblioteca consistía nun bebé cunhas tarxetas nas que se nos indicaba a través de imaxes de diferentes herbas, as doenzas que ditas herbas curaban. Os nenos e nenas, a través do xogo simbólico, foron recoñecendo as herbas que precisaban en cada momento para curar as enfermidades e achegándose a elas.





O que pretendemos con esta motivación foi coñecer como as herbas da nosa contorna teñen certas propiedades e traballar en torno a elas para que os nenos e nenas lles viran a utilidade.

Preparamos tamén dous obradoiros artísticos con herbas para o alumnado.
Un deles consistiu en utilizar a técnica de estarcido cunha plantilla feita con herbas prensadas previamente. O outro consistiu en utilizar selos de estampación con herbas coñecidas como o fento ou a ruda.









Por último, experimentamos, fixemos apócemas, con herbas, auga e elementos que nos permitían as mesturas.






Precisamos investigar tamén un pouco máis nalgún libro de texto expositivo sobre elas. Onde atopalas, como plantalas, se temos algunha, coidados, etc.