martes, 26 de novembro de 2024

25 N. Día Internacional da Eliminación da Violencia Machista

Este curso, para o traballo ao redor do 25N, seleccionamos diferentes títulos a través dos que visualizar como se pode presentar no noso entorno tal violencia. Aquí vos deixamos unhas fotos de dita escolla.

Ademais, podedes ver aquí o vídeo que se realizou nunha das aulas tras a reflexión sobre os contos expostos.

A introducción á reflexión sobre as violencias, e en concreto á violencia contra as mulleres, é unha temática difícil de abordar na educación infantil, pero necesaria. Por iso é preciso abordala de xeito sinxelo pero con contundencia, para que saiban identificar a violencia e plantarse se algún día a sofren.





martes, 19 de novembro de 2024

O MAGOSTO E 25 ANOS DO CRA


Co tempo de outono, aproveitamos para xuntarnos todas as aulas do CRA e festexar o magosto.

Para elo, argallamos diferentes estacións de xogos populares, asamos castañas, preparamos cucuruchos... e compartimos momentos de xogo e diversión. Nesta celebración tamén nos acompañou Sabela Gago, coa que a través das súas historias fixemos  unha viaxe na que o sol, o vento e as nubes, axudáronnos a reconstruir o mundo. 

Ademais, este ano cúmprense os 25 anos da composición do noso CRA, polo que tamén tivemos que soprar as velas.

Aquí vos deixamos algunhas das fotiños dese día.























luns, 18 de novembro de 2024

PROPOSTA ARTÍSTICA: A ÁRBORE.

O mércores 13 de novembro xuntámonos na biblioteca e sede do CRA para celebrar o Magosto e os 25 anos da formación do noso colexio.

Aproveitamos a xornada para realizar unha proposta en torno un proxecto de @escolaimaxinada cuxa inspiración xorde da proposta “El albero” de Bruno Munari.

Nós fixemos a nosa adaptación e reinterpretación da proposta dando protagonismo á árbore de Ganade, un castiñeiro que é testemuña de historias, momentos e xogo libre.

Quixemos, nun primeiro momento, poñer en valor a biblioteca e amosar aos nenos e nenas aqueles recursos bibliográficos cuxa temática central é a árbore. Sinxelamente observaron os libros que estaban na mesma. 

Posteriormente, invitamos aos nenos e nenas a crear as súas propias árbores rasgando papel continuo e unindo con cinta de pegar para crear a súa composición. 

Unha vez rematado o paso anterior, enchimos de vida as nosas árbores pintando con carboncillo aqueles elementos que queríamos meter nas mesmas, dende páxaros ata froitas, o alumnado foi proxectando de xeito diferente as súas percepcións.

Por último, puxemos a nosa composición na árbore, vinculándoa e uníndoa á mesma, formando un todo. 
O castiñeiro rematou sendo, inspiración, base expositiva e parte do resultado artístico final.