domingo, 8 de xuño de 2025

PDI: CREACIÓNS ARTÍSTICAS DAS FAMILIAS CO MATERIAL DA MOCHILA VIAXEIRA

 


DÍA DA PAZ

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz, e tendo en conta o noso PDI que ten a arte e o movemento como fio condutor, o noso alumnado levou a cabo unha performance inspirada na emblemática obra The Artist is Present da artista Marina Abramović.

Cada neno e nena sentou, por quendas, nunha cadeira fronte a outra baleira. Os demais nenos e nenas e docentes, foron convidados a sentar fronte a eles, compartindo un momento de conexión sen palabras, só a través da mirada e da presenza consciente. 

Nun mundo cheo de ruído, esta acción sinxela puxo o foco na escoita, no respecto e na atención plena ao outro.

Esta experiencia converteuse nun acto simbólico de paz: un espazo onde o silencio se enche de sentido, onde a mirada recoñece ao outro como igual, e onde a arte serve como ferramenta para construír pontes de empatía, afecto e comprensión mutua.

luns, 2 de xuño de 2025

INVESTIGACIÓN SOBRE OS INSECTOS POLINIZADORES

 Logo de observar no patio e na horta a presenza destes insectos, fíxose necesario observar o proceso de polinización e máis distinguir cales os estes bechos que colonizan as nosas plantas para polinizalas e diferencialos das plagas.



E dos libros, con toda a información que tiñamos, pasamos á horta, para buscar in situ aos bechiños dos que nos falaban os libros:

E máis polo miúdo, focalizamos a nosa investigación nas abellas como grandes polinizadores:

Para concluir o traballo, inserimos a información recabada no noso "Caderno naturalista" un libriño feito ao longo do curso coas investigacións e pesquisas no que o alumnado participa  na elaboración e redacción do texto, e ademais escriben, debuxan, representan, fan propostas artísticas... 



INVESTIGACIÓN SOBRE O XABARIL

 Esta secuencia de aprendizaxe nace do interese do alumnado polo xabaril ou porco bravo logo da visualización de libros dos ecosistemas en Galicia durante o outono para analizar as follas do outono. Este animal espertáballes curiosidade e mesmo dúbidas, por iso era necesario afondar máis e propiciar a investigación e diferentes recursos para compartila, dende os que foron elaborados dende as casas polas familias, ata a presentación verbal aos compañeiros e compañeiras primeiro, á compilación de datos contrastados por diversas fontes, para finalmente, gravar o podcast co aprendido.

Partimos da documentación na biblioteca en Ganade, recollendo dos libros todos os datos interesantes para a  investigación:


Como a información non era suficiente, que pedimos ás familias que nos axudasen buscando máis información en internet ou en outros libros que tivesen de man, sempre información documentada e contrastada. O alumnado explicou a información recabada nas súas casas ao resto de compañeiros e compañeiras.


Os datos máis interesantes os iamos recollendo nun panel:



Por último, o alumnado foi sendo gravado cando ían respondendo a preguntas e contando o que sabían do xabaril, montando esta gravación en formato podcast:

podcast o xabaril

https://audio.com/sara-parada/audio/xabali-parada-1


domingo, 1 de xuño de 2025

PEQUENA INVESTIGACIÓN SOBRE O PAPORRUBIO

MOTIVACIÓN

Un paporrubio entrou nunha das escolas, collémolo, observamos as súas características e soltámolo no exterior. Buscamos, posteriormente, tanto en libros informativos da aula como na pantalla dixital os posibles paxaros que poderían encaixar coas súas características. 

A conclusión foi clara, era o PAPORRUBIO.

INVESTIGACIÓN E EXPERIMENTACIÓN



Utilizamos a biblioteca de Ganade para buscar todos os recursos bibliográficos informativos que tiveran paxaros. O gomet verde, indicounos onde poderían estar.

Posteriormente, buscamos índices, elemento xa aprendido con anterioridade e buscamos por imaxe e características, tamén se poñía explícitamente a palabra paporrubio ou petirrojo. Fomos concretando de xeito individual aquilo que máis nos interesaba e comezamos as nosas pesquisas.

Completamos a información dos libros preguntando a compañeiros doutras aulas e familias, ademais da experimentación e ese "facer" tan esencial que fomos levando a cabo no proceso.

Con toda a información e experimentación que vivimos chegamos a solucionar cuestións ata elaborar o noso produto final.










PRODUTO FINAL

Con toda a información que recompilamos, elaboramos un vídeo en formato entrevista no que transmitimos os nosos coñecementos a toda a comunidade educativa.





25N: Ler, Pensar e Crear contra a Violencia Machista

Este 25N, Día contra a Violencia Machista, as nosas aulas enchéronse de contos, cores e reflexións adaptadas aos máis pequenos. Preparamos u...