luns, 1 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Unha das propostas da Semana do libro foi descubrir libros sorpresa. Estes chegaron ás aulas envoltos nun papel que contiña mensaxes que nos facían adiviñar de que trataba o libro. Unha vez leidas as mensaxes precisabamos saber máis e sentir o que había dentro. Abrimos o envoltorio, leemos e exploramos as novidades.

Aproveitamos este momento para facer chegar ás aulas libros informativos, cómic, poesía, arte e libros xogo. Que o libro nos invitara a descubrir novas formas de mirar o mundo e de mirarnos a nós mesmas/os.







Outra das propostas foi a de Familias que contan, facendo desta semana unha experiencia familiar marabillosa. As familias do noso CRA achegáronse ás diferentes aulas a contarnos contos, porque elas contan, pasan tempo con nós, ofrécennos unha contada, ilustracións e TEMPO. 










luns, 27 de marzo de 2023

XORNADA DE CONVIVENCIA NA BIBLIOTECA

En marzo vivimos unha xornada moi especial na biblioteca, na que tódalas as aulas do CRA nos xuntamos para celebrar a chegada da primavera. Nesta xornada o alumnado puido desfrutar dunha contada a cargo de Inma Soto, que nos nos presentou o seu conto “Xela, a superheroína de aldea”, ademais de participar en diferentes obradoiros como forón:

Bodegón de pampullos: no que o alumnado plasmaba en papel aquilo que lle inspiraban os pampullos que estaban a observar.

Arreglos florais con flores da contorna: onde cada neno/a deseñou o seu propio ramiño e o levou para casa.

Obradoiro de poesía: no que tras a lectura de poemas, traballamos a metáfora visual a través da observación de imaxes, creando a metáfora que nos suxería o elemento mostrado. Tras o obradoiro, creamos un libriño en forma de pétalos de madeira que forma parte da biblio, no que se recollen tódalas poesías creadas.

Obradoiro de eco-horta, no que se realizaban varias actividades:
    - Bombas de sementes: con arxila, sustrato, auga e variedade de sementes para atraer polinizadores as nosas hortas.

    - Xogo sensorial: que consistiu en adiviñar que elemento (canela, cascas de ovo, cinza, loureiro...) espanta as pragas dos nosos cultivos (caracol, mosca branca, pulgóns....).

    - Tratamento de pragas e ecoarte: elaboramos un emplasto para tratar as enfermidades de arbóres frutais empregando cores naturais (pementón, café, cúrcuma...), barro e maceración de canela.

    - Tratamento praguicida: o alumnado preparou a maceración de follas de eucalipto.

Obradoiro de realización de sementeiros, a Asociación Avelaíña de Ponteareas adicada a potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental, veu a visitarnos na nosa xornada de biblio e a explicarnos o cultivo das cabazas. Trouxeron sementes que tiñan gardadas do Samaín e que utilizamos para plantar xuntas/os.



























xoves, 23 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER. O 8M.

Dende a Biblioteca do CRA A Picaraña facemos unha selección de recursos para conmemorar o 8M.


"La princesa no". Martín Badía. Editorial Lumen.

"Blancanieves y los 77 enanitos". Davide Cali e Raphaëlle Barbanègre. Editorial Anaya.

"La Sirenita. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Rosa Caramelo". Adela Turín e Nela Bosnia. Editorial Kalandraka.

"¡Mi cuerpo es mío!". Asociación Alemana para la Educación y Prevención Sexual + Planificación familiar e Dagmar geisler. Editorial Juventud.

"Maruxa". Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. Editorial OQO.

"(NO) a todas las niñas les gusta el rosa". David Pintor. Editorial Xerais.

"Las chicas y los chicos también... ¡pueden!". Sophie Gourion e Isabelle Maroger. Editorial Astronave.

"Cenicienta. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Os homes e as mulleres". Equipo Pantel e Luci Gutiérrez. Editorial Catro ventos.

"Ana Frank, La chica que nunca perdió la esperanza". Mujeres Extraordinarias.

"Frida Kahlo". Mis pequeños héroes.

"Rosalía de Castro". María Lado e Eva Agra. Editorial Urco.

"Pepa a Loba".  Ledicia Costas e Eva Agra. Editorial Urco.

"Maruja Mallo". Elvira Ribeiro e Eva Agra. Editorial Urco.

"María Montessori. La maestra que enseñaba a Través del juego". Mujeres Extraordinarias.

"Las mujeres mueven montañas" Pepita Sandwich. Editorial Lumen.

"Pioneiras. Galegas que abriron camiño". Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Editorial Xerais.

"Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño". Anaír Rodríguez e Abi Castillo. Editorial Xerais.









Ademais, propúxose o traballo en torno a diferentes ilustradoras galegas que e o análise da súa representación da muller.



venres, 10 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía quixemos achegarnos a ela a través das súas poesías, ilustrar os seus versos e reflexionar sobre o que nos facían sentir e pensar. Ilustramos tamén a literalidade das palabras que escoitamos. A continuación podedes ver o resultado. Agardamos que vos guste.








martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para conmemorar o Día da Ilustración e dar valor a figura do ilustrador/ilustradora de albumes, dende o CRA A Picaraña seleccionamos diferentes títulos de obras que mostran a riqueza que existe neste ámbito. Velaiquí unha mostra dos nosos favoritos:





¿Feos y feas?. Gusti e Lola Casa Peña. Carambuco Ediciones.

Nacimientos bestiales. Aina Bestrad. Editorial Zahori.

A memoria das árbores. Xose A. Neira Cruz, Marcial Del Adalid, Kiko Dasilva. Editorial Kalandraka.

Quebracabezas. Bianki, Diego. Editorial Kalandraka.

Aínda Nada. Voltz, Christian. Editorial Kalandraka.

Rizos de ouro e os tres osos. Olivier Douzou. Editorial Kalandraka.

Qué tal, pequeniño?. Joost Elffers e Saxton Freymann. Editorial Linteo.

Dous osiños. Ylla. editorial Kalandraka.

Os nosos bosques. Santos Almeida, Judit, García Hermida, Diego e Cerviño Clara. Editorial Miudiño.

Caderno de fume. García Teijeiro, Antonio e Lamas, Leandro. Edicións Embora.

O neno que aprendeu a voar. Honrado, Alexandre e Ribeiro, José Miguel. Editorial Kalandraka.

 

Para achegar estes títulos ao alumnado preparáronse unhas cestiñas que rotyarán polas diferentes aulas do CRA e onde se atopa información sobre a artista homenaxeada deste ano: María Antonia Dans.




mércores, 18 de xaneiro de 2023

MOTIVACIÓN DO PDI "SON SEMENTE"

A motivación do Proxecto Documental Integrado, SON SEMENTE, chegou ás aulas en forma de caixiña cun libro e os elementos necesarios para plantar algo que non sabemos exactamente que será...

 

Desenvolvemos hipóteses sobre o que había nun bote de cristal que contiña a caixa, saíron afirmacións como comida de galiñas ou cacao, tamén sementes de varios tipos de plantas ou árbores.

 

Logo observamos as ilustracións do libro para sacar conclusións sobre o que facer coa terra, algo que concluimos que eran sementes, e unha maceta pequeniña.

 

Precisamos investigar un pouco máis nalgún libro de texto expositivo sobre o procedemento de sementeira e, logo de executar a plantación, comezamos cun proceso de espera e coidado. Sabemos que necesita luz e que a terra non esté seca. Desexando ver algún brote  🌱














martes, 17 de xaneiro de 2023

A MOTIVACIÓN DO NOSO PDI: SON SEMENTE.

A motivación do Proxecto Documental Integrado chegou ás aulas en forma de caixiña cun libro e os elementos necesarios para plantar algo que non sabemos exactamente o que é. Desenvolvemos hipóteses sobre o que había nun bote de cristal que contiña a caixa, saíron afirmacións como comida de galiñas ou cacao, tamén sementes de varios tipos de plantas ou árbores. 

Logo observamos as ilustracións do libro para sacar conclusións sobre o que facer coa terra, algo que concluimos que eran sementes, e unha maceta pequeniña. Precisamos investigar un pouco máis nalgún libro de texto expositivo sobre o procedemento e, logo de executar a plantación, comezamos cun proceso de espera e coidado. Sabemos que necesita luz e que a terra non esté seca. Desexando ver algún brote.










A Bibliopicaraña recomenda: historias para mirar, sentir e descubrir

Na Biblioteca do CRA A Picaraña seguimos enchendo as nosas mochilas de historias que nos emocionan, nos fan pensar e nos acompañan no día a ...