luns, 26 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. Como cada ano, no CRA A Picaraña, celebrámolo. Desta vez as familias e as crianzas, na honra da escritora, están liberando nos montes, prados, patios… algúns versos da súa magnífica obra que falan de plantas ou flores e que coñecemos ou coñeceremos no PDI “Fiandeiras”. Estes versos van en vasiños compostables con sementes de flores e plantas autóctonas que o alumnado plantou.












mércores, 24 de xaneiro de 2024

RECOMENDACIÓN LITERARIA: O COELLIÑO BRANCO


Traémosvos de novo por aquí un podcast para facervos unha recomendación literaria. Nesta ocasión trátase de "O coelliño branco". O alumnado do CRA A Picaraña quedou encantado con esta historia e agora quere que chegue a máis persoas.

Agardamos que o conto vos guste tanto como a nós!




martes, 19 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Como tódolos anos dende o Equipo de Biblioteca queremos achegarvos unhas recomendacións de libros, xogos e materiais para o tempo de Nadal.
Agardamos vos sexan de axuda. Felices festas!



luns, 4 de decembro de 2023

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

Este curso, dende a biblioteca, partiu a idea de recomendarnos os nosos contos favoritos. Así, cada grupo de nenos e nenas, tras chegar a un acordo e escoller o seu conto preferido entre os lidos no curso, elaboran un podcast literario no que recomendan ao alumnado das outras aulas a obra escollida.

Velaquí a primeira recomendación: O gato lambón.  

Agardamos que quededes con ganas de ler o conto!



venres, 1 de decembro de 2023

MOTIVACIÓN DO PDI "FIANDEIRAS"

A motivación do PDI deste ano naceu a través dunha xornada na biblioteca enmarcada no proxecto “Fiandeiras”, na que xurdiron propostas como a caixa de “Coida ao bebé”. Este xogo que chegou á biblioteca consistía nun bebé cunhas tarxetas nas que se nos indicaba a través de imaxes de diferentes herbas, as doenzas que ditas herbas curaban. Os nenos e nenas, a través do xogo simbólico, foron recoñecendo as herbas que precisaban en cada momento para curar as enfermidades e achegándose a elas.





O que pretendemos con esta motivación foi coñecer como as herbas da nosa contorna teñen certas propiedades e traballar en torno a elas para que os nenos e nenas lles viran a utilidade.

Preparamos tamén dous obradoiros artísticos con herbas para o alumnado.
Un deles consistiu en utilizar a técnica de estarcido cunha plantilla feita con herbas prensadas previamente. O outro consistiu en utilizar selos de estampación con herbas coñecidas como o fento ou a ruda.









Por último, experimentamos, fixemos apócemas, con herbas, auga e elementos que nos permitían as mesturas.






Precisamos investigar tamén un pouco máis nalgún libro de texto expositivo sobre elas. Onde atopalas, como plantalas, se temos algunha, coidados, etc.



luns, 27 de novembro de 2023

FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS DA BIBLIOTECA

A formación de usuarias/os supón un básico a principio de curso para lograr que os nenos e nenas comprendan o espazo e a colocación dos recursos. Desta vez levamos a cabo un xogo tipo “Xincana” onde o alumnado, por equipos, debería atopar un libro segundo a cor do círculo que tiñan. Posteriormente, analizamos os libros que colleron para determinar se eran de información, literatura, música, arte... e así comprender o sistema de colocación.


Presentamos tamén os espazos da biblioteca e os seus recursos:


ESPAZO CREATIVO: tecedora, pintura no encerado transparente, arte e construción.


ESPAZO LECTOR: literatura e libros de información.


ESPAZO PARA AS FUNCIÓNS EXECUTIVAS (xogos).


ESPAZO TREBELLADAS: escornabot, retroproxector, pantalla, cubo de luz, croma...










 

luns, 30 de outubro de 2023

SELECCIÓN DE RECURSOS PARA O SAMAÍN

Este ano, para festexar o Samaín do xeito máis terrorífico, na nosa biblio fixemos unha selección de contos que meten moito medo. Buscade un lugar ben quentiño e seguro e desfrutade da lectura!


Feliz Samaín!

Os contos seleccionados son:


"Las brujas de Ariete” de Bel Olid e Pep Montserrat. Editorial Combel.
“El banquete de los monstruos” de Emma Yarlett. Editorial Edelvives.
“A bruxa regañadentes” de Tina Meroto e Maurizio A. C. Quarello. Editorial OQO.
“Gustavo, el fantasma tímido” de Flavia Z. Drago. Editorial Edelvives.
“Cómo hacerse amigo de un fantasma” de Rebeca Green. Editorial Juventud.
"Os tres bandidos" de Tomi Ungerer. Editorial Kalandraka.
“Donde viven los monstruos”, de Maurice Sendak. Editorial Kalandraka.
“Monstruos en la oscuridad” de Kalle Güettler e Rakel Helmsdal. Editorial Sushi Books.
“O gran libro dos medos do rato pequeno” de Emily Gravett. Editorial Patas de peixe.
“A miña amiga a escuridade” de Ella Burfoot. Editorial Baía.
“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis” de Chema Heras e Kiko da Silva. Editorial Kalandraka.
“Rizos de Ouro e os tres osos” de Olivier Douzou. Editorial Kalandraka.
“O Papón” de Pablo Albo & Maurizio A. C. Quarello. Editorial OQO.
“El tren de los monstruos” de Ignasi Valios i Buñuel. Editorial Anaya.






A Bibliopicaraña recomenda: historias para mirar, sentir e descubrir

Na Biblioteca do CRA A Picaraña seguimos enchendo as nosas mochilas de historias que nos emocionan, nos fan pensar e nos acompañan no día a ...