luns, 30 de outubro de 2023

SELECCIÓN DE RECURSOS PARA O SAMAÍN

Este ano, para festexar o Samaín do xeito máis terrorífico, na nosa biblio fixemos unha selección de contos que meten moito medo. Buscade un lugar ben quentiño e seguro e desfrutade da lectura!


Feliz Samaín!

Os contos seleccionados son:


"Las brujas de Ariete” de Bel Olid e Pep Montserrat. Editorial Combel.
“El banquete de los monstruos” de Emma Yarlett. Editorial Edelvives.
“A bruxa regañadentes” de Tina Meroto e Maurizio A. C. Quarello. Editorial OQO.
“Gustavo, el fantasma tímido” de Flavia Z. Drago. Editorial Edelvives.
“Cómo hacerse amigo de un fantasma” de Rebeca Green. Editorial Juventud.
"Os tres bandidos" de Tomi Ungerer. Editorial Kalandraka.
“Donde viven los monstruos”, de Maurice Sendak. Editorial Kalandraka.
“Monstruos en la oscuridad” de Kalle Güettler e Rakel Helmsdal. Editorial Sushi Books.
“O gran libro dos medos do rato pequeno” de Emily Gravett. Editorial Patas de peixe.
“A miña amiga a escuridade” de Ella Burfoot. Editorial Baía.
“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis” de Chema Heras e Kiko da Silva. Editorial Kalandraka.
“Rizos de Ouro e os tres osos” de Olivier Douzou. Editorial Kalandraka.
“O Papón” de Pablo Albo & Maurizio A. C. Quarello. Editorial OQO.
“El tren de los monstruos” de Ignasi Valios i Buñuel. Editorial Anaya.






sábado, 28 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana festexamos o Día das Bibliotecas poñendo en marcha as mochilas viaxeiras e o préstamo semanal.


Este ano a mochila viaxeira leva algúns elementos relacionados co proxecto documental integrado “Fiandeiras” no que comezamos a traballar. Cada mochila leva unha prensa cunhas instruccións que farán partícipes a familias e alumnado nas nosas pesquisas e experimentacións. Ademais, vai literatura pero tamén libros sinxelos de información. Levan a maiores, unha listaxe de música do CRA de spotify e un xogo regrado.


O préstamos semanais tamén saíron con moita ilusión dos máis pequenos e pequenas!


Agardamos que se desfruten moito.









domingo, 15 de outubro de 2023

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA (SEGUNDA PARTE)

Aproveitamos a inauguración da biblioteca do Día 6 de outubro para volver con todo o alumnado ata este espazo a festexar, a xuntarnos e a pasar tempo xuntas/os. Se ben a biblioteca xa fora inaugurada polo alumnado, estreando e gozando destas instalacións en pasadas ocasións, faltaba esa inauguración oficial que levabamos agardando, e que non foi fácil de levar a cabo pola nosas características. 

A mañá transcorreu mentres o alumnado participaba en diferentes propostas coidadosamente preparadas con recursos da biblioteca, escoitaban unha marabillosa contada de Anxo Moure (que nos trouxo a súa ciclobiblioteca!) e, merendaban e gozaban coa música de Brais das Hortas. Todo un éxito!

Deixámosvos unhas fotos para ilustrar o día que pasamos nas diferentes propostas.


















Grazas a todas e todos!


INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA (PRIMEIRA PARTE)

O pasado venres día 6 de outubro festexamos a inauguración das instalacións da nosa biblioteca e da sede do CRA. 

Neste día tan importante para nós acompañáronnos, ademais das nosas familias e alumnado, representantes da Consellería de Educación en materia de innovación educativa, de Bibliotecas Escolares e do Concello de Ponteareas. 

Grazas a todas e todos por estar con nós e apoiar o noso traballo.






Desenvolvemento do PDI

Durante a fase de desenvolvemento do PDI desenvolvemos diferentes propostas e actividades que nos permiten coñecer os diferentes usos e prop...