domingo, 15 de outubro de 2023

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA (SEGUNDA PARTE)

Aproveitamos a inauguración da biblioteca do Día 6 de outubro para volver con todo o alumnado ata este espazo a festexar, a xuntarnos e a pasar tempo xuntas/os. Se ben a biblioteca xa fora inaugurada polo alumnado, estreando e gozando destas instalacións en pasadas ocasións, faltaba esa inauguración oficial que levabamos agardando, e que non foi fácil de levar a cabo pola nosas características. 

A mañá transcorreu mentres o alumnado participaba en diferentes propostas coidadosamente preparadas con recursos da biblioteca, escoitaban unha marabillosa contada de Anxo Moure (que nos trouxo a súa ciclobiblioteca!) e, merendaban e gozaban coa música de Brais das Hortas. Todo un éxito!

Deixámosvos unhas fotos para ilustrar o día que pasamos nas diferentes propostas.


















Grazas a todas e todos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECURSOS PARA FESTEXAR O SAMAÍN

Achégase a semana máis aterradora do curso, e para meternos o medo no corpo, dende a biblioteca do CRA A Picaraña realizamos unha escolma do...