sábado, 28 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana festexamos o Día das Bibliotecas poñendo en marcha as mochilas viaxeiras e o préstamo semanal.


Este ano a mochila viaxeira leva algúns elementos relacionados co proxecto documental integrado “Fiandeiras” no que comezamos a traballar. Cada mochila leva unha prensa cunhas instruccións que farán partícipes a familias e alumnado nas nosas pesquisas e experimentacións. Ademais, vai literatura pero tamén libros sinxelos de información. Levan a maiores, unha listaxe de música do CRA de spotify e un xogo regrado.


O préstamos semanais tamén saíron con moita ilusión dos máis pequenos e pequenas!


Agardamos que se desfruten moito.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vestirse de conto: ler, xogar e imaxinar

Na biblioteca puxemos en marcha unha proposta moi especial chamada “Vestirse de conto” , coa que queremos achegar a lectura ao alumnado dun ...