Este martes 29 de outubro todo o alumnado e profesorado do CRA nos xuntamos na Biblioteca para celebrar o Día das bibliotecas. Con tal motivo realizamos varios obradoiros enmarcados dentro da motivación do PDI CREARTE que desenvolveremos este ano.
Trátase dun proxecto artístico que pon en escena a arte e o movemento como instrumento de autocoñecemento e coñecemento da contorna, tamén como un fin en si mesmo do que gozar, sentir e valorar.
Para esta xornada planificamos un primeiro momento da mañá no que os nenos e nenas se puideron poñer en contacto cos novos materiais e espazos exteriores e interiores da nosa biblio en Ganade.
Tamén plantexamos os seguintes obradoiros:
1. Formación usuarias/os. Coñecemento dos libros artísticos que forman parte da biblioteca. Lectura do conto “Un artista é…” e experimentación e observación dos libros pop-up, libros informativos sobre artistas, fotografías de obras artísticas… que forman parte deste espazo.
2. Decoración a través do estampado das bolsas para o préstamo (elementos naturais e cores suaves).
3. Coñecemento da técnica plástica: marmolado, motivando a proposta co conto “Moncho e a mancha”.
4. Movemento con panos. Deixándonos levar polo movemento do corpo, a música e o vento.
5. Zona de calma e relaxación, para eses momentos que precisamos durante a xornada.
Ademais, nesta xornada tivemos a sorte de contar con Erica Iglesias, que nos achegou á música tradicional, amosounos instrumentos e obxectos cotiás cos que facer música e aprendemos cancións gozando coa súa marabillosa voz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario