luns, 22 de maio de 2023

ALBORADA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o Día das Letras Galegas desfrutamos dunha xornada moi especial na que o alumando das diferentes aulas do CRA se xuntou na Casa Cultural de Arcos, en Ponteareas, onde festexamos unha alborada polas letras galegas. 

Tivemos a oportunidade de participar en diferentes obradoiros:
Obradoiro de cociña: no que cociñamos unha torta de millo.
Obradoiro de música e baile tradicional galego.
Obradoiro de realización de alfombras florais. Realizamos unha alfombra do co deseño que imos a realizar no Corpus en Ponteareas. Xa nas semanas anteriores,  pequenas/os e familias empezaron a recoller elementos naturais, a clasificalos e a desfollar flores. Tentamos con este obradoiro que este sentir e facer vaia cobrando cada vez máis sentido, ademais de aproveitar para traballar a tradición da nosa zona.
Obradoiro de xogos tradicionais,  no que o alumnado correu, fixo equipo e tivo a oportunidade de crear lazos de amizade co alumnado das outras aulas.
Contada teatralizada da “Galiña azul” de Carlos Casares en honra a Editorial Galaxia e Francisco Fernández Del Riego.
Andaina á Pedra do equilibrio, no parque forestal A Picaraña, que da nome ao noso cole. Unha andaina preciosa chea de vexetación autóctona e que nos fixo conectar coa natureza, o canto dos paxaros, os carballos, os castiñeiros e esas penas tan impresionantes que nos deixaron abraiadas/os. Algúns pequenos/as decidiron representar con pedras máis pequenas o que acababan de ver. 



















luns, 1 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Unha das propostas da Semana do libro foi descubrir libros sorpresa. Estes chegaron ás aulas envoltos nun papel que contiña mensaxes que nos facían adiviñar de que trataba o libro. Unha vez leidas as mensaxes precisabamos saber máis e sentir o que había dentro. Abrimos o envoltorio, leemos e exploramos as novidades.

Aproveitamos este momento para facer chegar ás aulas libros informativos, cómic, poesía, arte e libros xogo. Que o libro nos invitara a descubrir novas formas de mirar o mundo e de mirarnos a nós mesmas/os.







Outra das propostas foi a de Familias que contan, facendo desta semana unha experiencia familiar marabillosa. As familias do noso CRA achegáronse ás diferentes aulas a contarnos contos, porque elas contan, pasan tempo con nós, ofrécennos unha contada, ilustracións e TEMPO. 










luns, 27 de marzo de 2023

XORNADA DE CONVIVENCIA NA BIBLIOTECA

En marzo vivimos unha xornada moi especial na biblioteca, na que tódalas as aulas do CRA nos xuntamos para celebrar a chegada da primavera. Nesta xornada o alumnado puido desfrutar dunha contada a cargo de Inma Soto, que nos nos presentou o seu conto “Xela, a superheroína de aldea”, ademais de participar en diferentes obradoiros como forón:

Bodegón de pampullos: no que o alumnado plasmaba en papel aquilo que lle inspiraban os pampullos que estaban a observar.

Arreglos florais con flores da contorna: onde cada neno/a deseñou o seu propio ramiño e o levou para casa.

Obradoiro de poesía: no que tras a lectura de poemas, traballamos a metáfora visual a través da observación de imaxes, creando a metáfora que nos suxería o elemento mostrado. Tras o obradoiro, creamos un libriño en forma de pétalos de madeira que forma parte da biblio, no que se recollen tódalas poesías creadas.

Obradoiro de eco-horta, no que se realizaban varias actividades:
    - Bombas de sementes: con arxila, sustrato, auga e variedade de sementes para atraer polinizadores as nosas hortas.

    - Xogo sensorial: que consistiu en adiviñar que elemento (canela, cascas de ovo, cinza, loureiro...) espanta as pragas dos nosos cultivos (caracol, mosca branca, pulgóns....).

    - Tratamento de pragas e ecoarte: elaboramos un emplasto para tratar as enfermidades de arbóres frutais empregando cores naturais (pementón, café, cúrcuma...), barro e maceración de canela.

    - Tratamento praguicida: o alumnado preparou a maceración de follas de eucalipto.

Obradoiro de realización de sementeiros, a Asociación Avelaíña de Ponteareas adicada a potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental, veu a visitarnos na nosa xornada de biblio e a explicarnos o cultivo das cabazas. Trouxeron sementes que tiñan gardadas do Samaín e que utilizamos para plantar xuntas/os.



























xoves, 23 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER. O 8M.

Dende a Biblioteca do CRA A Picaraña facemos unha selección de recursos para conmemorar o 8M.


"La princesa no". Martín Badía. Editorial Lumen.

"Blancanieves y los 77 enanitos". Davide Cali e Raphaëlle Barbanègre. Editorial Anaya.

"La Sirenita. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Rosa Caramelo". Adela Turín e Nela Bosnia. Editorial Kalandraka.

"¡Mi cuerpo es mío!". Asociación Alemana para la Educación y Prevención Sexual + Planificación familiar e Dagmar geisler. Editorial Juventud.

"Maruxa". Eva Mejuto e Mafalda Milhoes. Editorial OQO.

"(NO) a todas las niñas les gusta el rosa". David Pintor. Editorial Xerais.

"Las chicas y los chicos también... ¡pueden!". Sophie Gourion e Isabelle Maroger. Editorial Astronave.

"Cenicienta. Mi verdadera historia". Canizales. Editorial Lata de Sal.

"Os homes e as mulleres". Equipo Pantel e Luci Gutiérrez. Editorial Catro ventos.

"Ana Frank, La chica que nunca perdió la esperanza". Mujeres Extraordinarias.

"Frida Kahlo". Mis pequeños héroes.

"Rosalía de Castro". María Lado e Eva Agra. Editorial Urco.

"Pepa a Loba".  Ledicia Costas e Eva Agra. Editorial Urco.

"Maruja Mallo". Elvira Ribeiro e Eva Agra. Editorial Urco.

"María Montessori. La maestra que enseñaba a Través del juego". Mujeres Extraordinarias.

"Las mujeres mueven montañas" Pepita Sandwich. Editorial Lumen.

"Pioneiras. Galegas que abriron camiño". Anaír Rodríguez e Nuria Díaz. Editorial Xerais.

"Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño". Anaír Rodríguez e Abi Castillo. Editorial Xerais.









Ademais, propúxose o traballo en torno a diferentes ilustradoras galegas que e o análise da súa representación da muller.



A Bibliopicaraña recomenda: historias para mirar, sentir e descubrir

Na Biblioteca do CRA A Picaraña seguimos enchendo as nosas mochilas de historias que nos emocionan, nos fan pensar e nos acompañan no día a ...