Agardamos vos sexan de axuda. Felices festas!
martes, 19 de decembro de 2023
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Agardamos vos sexan de axuda. Felices festas!
luns, 4 de decembro de 2023
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
Este curso, dende a biblioteca, partiu a idea de recomendarnos os nosos contos favoritos. Así, cada grupo de nenos e nenas, tras chegar a un acordo e escoller o seu conto preferido entre os lidos no curso, elaboran un podcast literario no que recomendan ao alumnado das outras aulas a obra escollida.
Velaquí a primeira recomendación: O gato lambón.
Agardamos que quededes con ganas de ler o conto!

venres, 1 de decembro de 2023
MOTIVACIÓN DO PDI "FIANDEIRAS"
luns, 27 de novembro de 2023
FORMACIÓN DE USUARIAS E USUARIOS DA BIBLIOTECA
A formación de usuarias/os supón un básico a principio de curso para lograr que os nenos e nenas comprendan o espazo e a colocación dos recursos. Desta vez levamos a cabo un xogo tipo “Xincana” onde o alumnado, por equipos, debería atopar un libro segundo a cor do círculo que tiñan. Posteriormente, analizamos os libros que colleron para determinar se eran de información, literatura, música, arte... e así comprender o sistema de colocación.
Presentamos tamén os espazos da biblioteca e os seus recursos:
ESPAZO CREATIVO: tecedora, pintura no encerado transparente, arte e construción.
ESPAZO LECTOR: literatura e libros de información.
ESPAZO PARA AS FUNCIÓNS EXECUTIVAS (xogos).
ESPAZO TREBELLADAS: escornabot, retroproxector, pantalla, cubo de luz, croma...
luns, 30 de outubro de 2023
SELECCIÓN DE RECURSOS PARA O SAMAÍN
Este ano, para festexar o Samaín do xeito máis terrorífico, na nosa biblio fixemos unha selección de contos que meten moito medo. Buscade un lugar ben quentiño e seguro e desfrutade da lectura!
Feliz Samaín!
Os contos seleccionados son:
"Las brujas de Ariete” de Bel Olid e Pep Montserrat. Editorial Combel.
“El banquete de los monstruos” de Emma Yarlett. Editorial Edelvives.
“A bruxa regañadentes” de Tina Meroto e Maurizio A. C. Quarello. Editorial OQO.
“Gustavo, el fantasma tímido” de Flavia Z. Drago. Editorial Edelvives.
“Cómo hacerse amigo de un fantasma” de Rebeca Green. Editorial Juventud.
"Os tres bandidos" de Tomi Ungerer. Editorial Kalandraka.
“Donde viven los monstruos”, de Maurice Sendak. Editorial Kalandraka.
“Monstruos en la oscuridad” de Kalle Güettler e Rakel Helmsdal. Editorial Sushi Books.
“O gran libro dos medos do rato pequeno” de Emily Gravett. Editorial Patas de peixe.
“A miña amiga a escuridade” de Ella Burfoot. Editorial Baía.
“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis” de Chema Heras e Kiko da Silva. Editorial Kalandraka.
“Rizos de Ouro e os tres osos” de Olivier Douzou. Editorial Kalandraka.
“O Papón” de Pablo Albo & Maurizio A. C. Quarello. Editorial OQO.
“El tren de los monstruos” de Ignasi Valios i Buñuel. Editorial Anaya.
sábado, 28 de outubro de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Esta semana festexamos o Día das Bibliotecas poñendo en marcha as mochilas viaxeiras e o préstamo semanal.
Este ano a mochila viaxeira leva algúns elementos relacionados co proxecto documental integrado “Fiandeiras” no que comezamos a traballar. Cada mochila leva unha prensa cunhas instruccións que farán partícipes a familias e alumnado nas nosas pesquisas e experimentacións. Ademais, vai literatura pero tamén libros sinxelos de información. Levan a maiores, unha listaxe de música do CRA de spotify e un xogo regrado.
O préstamos semanais tamén saíron con moita ilusión dos máis pequenos e pequenas!
Agardamos que se desfruten moito.
domingo, 15 de outubro de 2023
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA (SEGUNDA PARTE)
Aproveitamos a inauguración da biblioteca do Día 6 de outubro para volver con todo o alumnado ata este espazo a festexar, a xuntarnos e a pasar tempo xuntas/os. Se ben a biblioteca xa fora inaugurada polo alumnado, estreando e gozando destas instalacións en pasadas ocasións, faltaba esa inauguración oficial que levabamos agardando, e que non foi fácil de levar a cabo pola nosas características.
A mañá transcorreu mentres o alumnado participaba en diferentes propostas coidadosamente preparadas con recursos da biblioteca, escoitaban unha marabillosa contada de Anxo Moure (que nos trouxo a súa ciclobiblioteca!) e, merendaban e gozaban coa música de Brais das Hortas. Todo un éxito!
Deixámosvos unhas fotos para ilustrar o día que pasamos nas diferentes propostas.
Grazas a todas e todos!
A Bibliopicaraña recomenda: historias para mirar, sentir e descubrir
Na Biblioteca do CRA A Picaraña seguimos enchendo as nosas mochilas de historias que nos emocionan, nos fan pensar e nos acompañan no día a ...
-
Esta semana, algo moi especial saíu da nosa biblioteca: unhas caixas cheas de libros viaxaron polas aulas, levándose con elas un anaco de c...
-
Con motivo da conmemoración do Día da Saúde Mental , o pasado martes 14 de outubro realizouse un obradoiro moi especial na nosa biblioteca. ...
-
A memoria das árbores , por Anxo Moure. Hai visitas que deixan pegada, e a do contacontos Anxo Moure no noso cole foi unha delas. No Día ...



























